Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/362-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Nudesa.

Domicilio social: apartado 50, 36080 Silleda.

Denominación: central de coxeración en Margaride.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: central de coxeración composta de 4 grupos motoxeradores de 1.400 kVA cada un, xunto con equipo de recuperación da calor e almacenamento de combustible de 75.000 litros. Sistema eléctrico de transformación e interconexión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5820