Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/64-2-4744 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., subterránea ó C.T. Garda Civil de Ribadeo.

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 mm Al, con orixe no paso aéreo a subterráneo existente da L.M.T. a Foz e final no paso aéreo subterráneo na confluencia da L.M.T., a Foz

coa derivación ó C.T. de Voal, para mellora do servicio eléctrico en Ribadeo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5525