Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración á empresa Industrias del Tablero, S.A. (Intasa), no concello de San Sadurniño (A Coruña), e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente 367/1996 A.T.).

Vistos os escritos presentados pola empresa Industrias del Tablero, S.A. (Intasa), con domicilio para efectos de notificacións na Fraga, código postal 15560 San Sadurniño (A Coruña), e tendo en conta os seguintes, feitos:

Primeiro.-Nos citados escritos, que tiveron entrada os días 21 e 23 de febreiro e 30 de abril de 1996 na delegación provincial desta consellería na Coruña, a citada empresa, dedicada á fabricación de tableiro de fibra, solicitou a autorización administrativa, asi como o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do Real

decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, e a inclusión no grupo d) do artigo 2 de dito real decreto, para a planta de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade que ten previsto instalar na factoría que posúe no concello de San Sadurniño (A Coruña).

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Catro motores de combustión interna de fuelóleo de 16 cilidros en V, a 600 r.p.m. e 6200 kW; catro xeradores síncronos trifásicos de 6200 kVA de potencia aparente c/u, tensión de xeración 6 kV e Cos º = 1 (regulación±0,8), a 600 r.p.m.; catro transformadores de potencia de 6200 kVA c/u, relación de transformación 20/6 kV, conexión Dy11 secos, e un transformador para servicios auxiliares de 400 kVA, r/t 20/0,380 kV, Dy11; depósitos de almacenamento de combustible; equipos de protección, control, sinalización e medida na parte eléctrica.

Segundo.-Acompaña á devandita solicitude o preceptivo anteproxecto da instalación, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia ó artigo 5.4 do R.D. 2366/1994.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación o presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, dictou resolución de data 2 de maio de 1996 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación referida, que se publicou no DOG do 30-5-1996 e no BOP da Coruña do 10-6-1996, presentádose no periodo legalmente establecido para iso escrito de alegacións formulado por Vicente Fernández Blázquez en nome e representación da empresa Enagás, S.A.

As ditas alegacións poden resumirse fundamentalmente en dúas: a) incumprimento do real decreto 2366/1994 en canto ó redemento e b) considerar que a contaminación atmosférica será superior á que se produciría se se utilizase gas como combustible.

Cuarto.-A solicitude deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, sendo observadas na tramitación do mesmo tódalas formalidades legais.

Fundamentos de dereito:

Primeira.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segunda.-Malia o indicado por Enagás, S.A. nas alegacións presentadas, que se refiren a un proxecto non coincidente co que consta no expediente, dos informes técnicos emitidos ó respecto despréndese que a planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que, para o tipo de combustible, se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994, e que cumpre así mesmo coa normativa medioambiental aplicable, polo que as ditas alegacións han de se entender desestimadas na súa totalidade.

Terceira.-Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa Intasa e, por con

seguinte, proceder á autorización administrativa da planta e ó recoñecemento a ela da condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Idustrias del Tablero, S.A. (Intasa), a situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten na Fraga, concello de San Sadurniño (A Coruña).

Segundo.-Recoñecer á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á devandita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en réxime especial da comunidade autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións prevista no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no plazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5578