Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.446

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CÉDULA de notificación (368/1994).

Neste xulgado e baixo o número 368/1994 tramítanse autos de xuízo verbal civil por instancia de Antonio Blanco Abalo contra Miguel Simarro López e Cía. aseguradora Mapfre, sobre reclamación de cantidade, e por medio da presente cédula notifícaselle e dáselle traslado das probas acordadas e practicadas como dilixencias para mellor prover, facéndolle saber que a partir da data desta publicación e durante os tres días seguintes ten ó seu dispor na secretaría deste xulgado as presentes actuacións, co fin de comproba-lo resultado das ditas probas e alegar, se é o caso, á vista do seu resultado, o que considere conveniente sobre o seu alcance ou importancia.

E para que lle sirva como cédula de notificación ó demandado, Miguel Simarro López, co último domi

cilio coñecido en r/ Manuel Luna, 12- Madrid, expido a presente cédula en Vilagarcía de Arousa o vintenove de maio de mil novecentos noventa e sete.

Mª del Carmen Santos Caballero

Secretaria

5654