Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.446

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (252/1997).

No expediente de dominio de referencia, seguido para a prosecución do tracto sucesivo, no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, da casa número trece antigo e trinta e un moderno da rúa dos Loureiros desta cidade, por medio da presente cédula e en virtude do acordado por resolución desta data, cítanse os herdeiros descoñecidos da causante Amalia Somoza Armesto, de quen procede o predio, así como ós tamén herdeiros descoñecidos da finada Dolores Villar Somoza, ó nome da cal figura catastrada a casa obxecto do expediente, co fin de que dentro dos dez días seguintes ó da súa citación poidan comparecer no expediente e alegaren o que ó seu dereito conveña.

Ó mesmo tempo convócanse as persoas ignoradas a quen lles puidese prexudica-la inscrición solicitada para que, en igual termo de dez días seguintes ó da publicación da presente cédula de citación, poidan comparecer no expediente e alegaren o que conveña ó seu dereito.

Dada en Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4809