Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 42 do PERI do Calvario (expediente 2881/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 6 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización e o seu complementario de iluminación pública do polígono 42 do PERI do Calvario, conforme a documentación elaborada polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, visada o día 5 de marzo de 1990 e informada favorablemente polos servicios técnicos municipais o día 9 de maio de 1997.

Sométese á información pública polo período dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo á disposición do público, planta baixa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 23 de xuño de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde