Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 1997, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para a parcela sita en Vilalonga, como ordenación segundo convenio urbanístico por instancia de José Magdalena Barbeito.

Exponse o expediente á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Sanxenxo, 22 de xullo de 1997.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

5385