O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 10 de abril do 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado proyecto de urbanización relativo á U.A. nº 4, sita en Perillo (Oleiros). Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, queda advertido de que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.
Oleiros, 20 de xuño de 1997.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
5448