Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COTOBADE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30 de xuño de 1997, aprobou o escudo do concello, co seguinte brasón: de ouro (amarelo) o canón de madeira ó natural, con abrazadeiras de prata, montado sobre el a cifra 1809 de sable; bordura de gules (vermello) con trece torres de ouro. Ó timbre coroa real pechada.

De acordo co establecido no artigo 3 do Decreto do 10 de setembro de 1992, sobre procedemento e normas heráldicas para adopción de escudos e bandeiras, sométese a información pública por espacio dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Durante este prazo os interesados poden presenta-las reclamacións que consideren oportunas.

Cotobade, 1 de xullo de 1997.

José Ramón Abal Varela

Alcalde

5428