Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xuño de 1997 pola que se adxudican axudas económicas para subvenciona-lo funcionamento dos conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 17 de febreiro de 1997 (DOG do 11 de abril) convocáronse axudas para subvenciona-las actividades desenvolvidas ou que tivesen previsto desenvolver durante o ano 1997 os conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

A comisión constituída segundo establece o punto sétimo da orde da convocatoria, en reunión celebrada o día 9 de xuño de 1997, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas, por tanto esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós conservatorios de música solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 30 de agosto de 1997, a completa xustificación dos gastos realizados.

De acordo co apartado décimo da orde de convocatoria, esta xustificación de gastos presentarase en dúas partes: o 70% correspondente ós gastos realizados con anterioridade ó 30 de abril de 1997 e o 30% restante, correspondente ós gastos realizados ata o 15 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Conservatorio públicoContía da subvención ptas.

Barco de Valdeorras2.300.000

Cangas2.300.000

Carballiño, O1.600.000

Carballo2.300.000

Celanova1.050.000

Culleredo2.300.000

Estrada, A2.300.000

Guarda, A1.050.000

Gondomar1.050.000

Lalín2.300.000

Melide2.300.000

Noia2.300.000

Ponteareas2.300.000

Pontes de G. R., As2.300.000

Redondela2.300.000

Ribadavia1.600.000

Ribeira2.300.000

Tui1.600.000

Verín1.050.000

Vilalba2.300.000

Viveiro2.300.000

97-5810