Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997 pola que se anuncia o concurso público 7/1997, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso material informático para a Facultade de Ciencias da Educación. (Expediente 1023/1997-2 lotes).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso material informático para a Facultade de Ciencias de Educación.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

-Lote 1: tres millóns catrocentas unha mil setecentas unha pesetas (3.401.701).

-Lote 2: cinco millóns cento corenta e catro mil seiscentas pesetas (5.144.600).

Garantía provisional:

-Lote 1: sesenta e oito mil trinta e catro pesetas (68.034).

-Lote 2: cento dúas mil oitocentas noventa e dúas pesetas (102.892).

A Coruña, 11 de xullo de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5922