Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997 pola que se anuncia o concurso público 7/1997, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dunha lectora óptica de altas prestacións para o pavillón de estudiantes. (Expediente 1022/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dunha lectora óptica de altas prestacións para o pavillón de estudiantes.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de

xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catro millóns sesenta mil pesetas (4.060.000).

Garantía provisional: oitenta e unha mil duascentas pesetas (81.200)

A Coruña, 11 de xullo de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5921