Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre 97/008.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento san

cionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario pora fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 3 de xullo de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

Procedemento sancionador: EN 97/008.

Denunciado: Manuel Fraga Rey.

Último enderezo coñecido: rúa Fernández Varela, 28-3º B, A Pobra do Caramiñal, A Coruña.

Feitos denunciados: estacionar un vehículo en zona prohibida, bloqueando o acceso de maquinaria agrícola, no interior de zona de circulación prohibida.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

5508