Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre 97/022.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

Nomease instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación podera ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario pora fin ó expediente. Para efectualo debera emprega-lo impreso normalizado que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 3 de xullo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Procedemento sancionador: EN 97/022.

Denunciado: Eladio Bouza García.

Último enderezo coñecido: San Xosé, nº 3-4 dereita, Ferrol-A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en espacio natural en réxime de protección especial.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

5610