En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública por instancia da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, r/ Sáenz Díez, 45 na que solicita a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada
expediente na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:
-Liña de media tensión, O Incio-Casela, concello do Incio, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación provincial do 8-11-1996.
Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP e máis no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para
rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. Para este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.
En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.
Lugo, 1 de xullo de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente nº: 153/1995Provincia: Lugo
Liña L.M.T. O Incio-CaselaConcello: O Incio
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Domicilio nº m ml m
4 Bragas Prado Roberto Macía Cao Quiroga Ballesteros (Sta. Cruz), 29, 27346 O Incio 1 2 38 400
4/1 Bragas Prado Roberto Macía Cao Quiroga Ballesteros (Sta. Cruz), 29, 27346 O Incio 20 80
12 Bragas Monte baixo Roberto Macía Cao Quiroga Ballesteros (Sta. Cruz), 29, 27346 O Incio 8 176
13 Bragas Monte baixo Roberto Macía Cao Quiroga Ballesteros (Sta. Cruz), 29, 27346 O Incio 3-4 4 280 3650
34 Barredo Prado Jesús González Arias San Pedro (Lamas-S. Pedro), 5, 2734 O Incio 12 2 36 576
53 Campo de Parte labradío Jesús González Arias San Pedro (Lamas-S. Pedro), 5, 2734 O Incio 30 380
153 O Campo Prado Lucita Pascual San Miguel r/ Ganguren (Ortuella) 8-6º A, 48530 Biskaia 63 2 31 496
31a Barredo Prado Jesús González Arias San Pedro (Lamas-S. Pedro), 5, 2734 O Incio 26 384
5913