Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública. (Expediente 4401 A.T., expropiación 169).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública por instancia da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, r/ Sáenz Díez, 45 na que solicita a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

-Liña de media tensión, centro de transformación e redes de baixa tensión de Palas de Rei á estrada de Melide, no concello de Palas de Rei, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación provincial do 11-11-1996.

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP e máis no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. Para este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 1 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 144/1995Provincia: Lugo

Liña L.M.T., C.T., R.B.T. estrada de MelideConcello: Palas de Rei

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

5Prado do OuroPradoMariluz Vázquez BoedoRúa Nova, 38

27001 Lugo

2140640

8LavacedoLabradíoEnrique Pereiro Fabarr/ Ullán (Pontecesures), 11

36640 Pontevedra

10

10LavacedoPradoGerardo Vázquez BlancoAvda. Compostela, s/n

27200 Palas de Rei

12126

5914