Visto o escrito presentado pola empresa Maderas Cajaraville, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Ponte, Vea-Reis s/n, 15886 Teo, A Coruña, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:
Primeiro.-O día 25 de abril de 1997, a referida empresa, dedicada a aserradoiro de madeira, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do municipio de Teo (A Coruña). Acompaña á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.
As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:
-Dous motores de combustión interna alternativos alimentado por gasóleo, de 1.140 kW cada un; dous xeradores síncronos trifásicos de 1.350 kVA c/u, tensión de xeración 0,38 KV; un centro de transformación r/t 20/0,38, con dous transformadores de 1,6 MVA de potencia c/u, montado en interior; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias
de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.
Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, o 10 de outubro de 1996 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña resolveu someter a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia. A mencionada resolución publicouse no DOG do 20-5-1997 e no BOP da Coruña do 15-5-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.
Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola dita delegación provincial.
Fundamentos de dereito:
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.
Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994.
Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
1. Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Maderas Cajaraville, S.L., que se van situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Teo (A Coruña).
2. Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 de dito real decreto.
Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Espe
cial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.
O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.
Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
5574