Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52268).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2. A Coruña, para a autorización administrativa da instalación seguinte:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.180 m de lonxitude con orixe na liña que alimenta o centro de transformación (C.T.). Xibeiros e final no C.T. que se vai instralar na Igrexa-Sobre camiño, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte a rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.039 m de lonxitude. Municipio de Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5571