Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997 pola que se anuncia o concurso público, de tramitación urxente, para o deseño, organización e realización dunha campaña de promoción do emprego do galego e da educación vial a través do transporte escolar.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, que pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00, faise público:

1. Obxecto: deseño, organización e realización dunha campaña para facilita-la aprendizaxe da educación vial, con especial atención ós usuarios e encargados do transporte escolar, e axudar ó afianzamento do emprego do galego durante o traslado dos escolares da casa ó centro de ensino e viceversa, nas condicións que se establecen no prego de prescricións técnicas. A duración do contrato comezará

coa súa formalización e finalizará co remate do primeiro trimestre do curso escolar 1997-1998.

2. Orzamento: 25.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador, ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, ata as 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

4. Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Univesritaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás trece horas do día 14 de agosto de 1997.

5. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

5573