Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/293-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT., CC.TT. e RR.BB.TT a Vela e Baamonde.

Situación: municipio de Toques.

Descricións técnicas: LL.MM.TT a 20 kV ós CC.TT. Vela e Baamonde de 593 e 346 m de lonxitude que parten da denominada Vilares-Brañas e final nos CC.TT. antes citados, que se van construír. CC.TT. de 50 kVA c/u, tipo intemperie. Redes de B.T. dos CC.TT. de Vela e Baamonde, en R.Z., cunha lonxitude total de 1.839 m. Municipio de Toques.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5526