Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/275-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea-C.T. e R.B.T. Anxeriz.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 260 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada o C.T. Ruafer (expediente 52857) e final na L.M.T. subterránea denominada Freisur II (expediente 52.716) alimentando no seu percorrido: C.T. de 400 kVA, tipo interior que se vai instalar en r/ Anxeriz.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5569