Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/297).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hijos de Rivera, S.A., con domicilio social no polígono industrial da Grela, r/ Gambrinus, números 2-10 (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de coxeración cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 4.460 kW composta de:

-2 motores de combustión interna alternativa funcionando con gas natural, de 2.230 kW de potencia eléctrica unitaria.

-Dous xeradores síncronos trifásicos, de 2.800 kVA cada un, factor de potencia 0,8, tensión de xeración 0,690 kV, 50 Hz.

-2 alternadores síncronos cunha potencia nominal de 1.500 kVA c/u, rdt 15/0,690, tipo interior.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor auga quente.

-Instalacións de baixa tensión de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

Orzamento: 450.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de xuño de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5570