Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4727 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Cerámica El Castelo, S.A., O Castelo-Monforte de Lemos.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en fábrica de cerámica.

Localización: O Castelo-Monforte de Lemos.

Características: anteproxecto da central coxeración, motor-xerador: Caterpillar D3508B/SR4B-2x900 kVA; combustible gasóleo; C.T. 2x800 kVA, 20/0,380 kV.

Orzamento: 105.303.600 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5507