Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xullo de 1997 pola que se modifica parcialmente a do 18 de decembro de 1996 pola que se regulan as axudas á contratación cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Comunidade Autónoma para o exercicio de 1997.

Advertidos erros no texto da citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 130, do 8 de xullo de 1997, e no modelo de solicitude que se xunta, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 6.626, no artigo único, apartado un, punto 4, onde di: «... así como as transformacións de contratos de aprendizaxe, prácticas, formación, de alternancia e substitución por anticipación da idade de xubilación...», debe dicir: «... así como as transformacións de contratos de aprendizaxe, prácticas, formación, de relevo e substitución por anticipación da idade de xubilación...».

Na páxina 6.626, no artigo único, suprímese o apartado oitavo.

Na páxina 6.627, onde figura o modelo de solicitude, no último cadro da esquerda no que se cita a lexislación aplicable, onde di: «Orde do 19 de xuño de 1997 pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de decembro de 1996, pola que se regulan as axudas á contratación cofinanciadas polo FSE e a Comunidade Autónoma para o exercicio de 1997», debe dicir: «Orde do 4 de xullo de 1997, pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de decembro de 1996, pola que se regulan as axudas á contratación cofinanciadas polo FSE e a Comunidade Autónoma para o exercicio de 1997».

5858