Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xullo de 1997 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega.

Pola Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), artigo 2º, outórgase o título de profesor especialista en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por outra banda, a Orde do 6 de abril de 1983 (DOG do 23 de abril), que establece o procedemento para a concesión da validación dos cursos de iniciación, perfeccionamento e especialidade realizados para profesores de preescolar e educación básica, dispón no seu artigo primeiro que se lle outorgará o título de profesor especialista en galego ós profesores de EXB que teñan, como mínimo, aprobadas tres disciplinas de galego dunha licenciatura de filoloxía.

Tendo os aspirantes que se relacionan no anexo I superados tódolos requisitos que se establecen no primeiro parágrafo, e os que se relacionan no anexo II os establecidos no segundo parágrafo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procede a autoriza-la expedición dos diplomas correspondentes. En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar que os profesores que se relacionan nos anexos I e II desta orde teñen dereito á concesión do diploma de profesores especialistas en lingua galega, debendo esta consellería expedírlle-los correspondentes documentos, para os efectos legais oportunos.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Díaz Pérez, Francisco Javier.

Fariñas Pérez, Eva María.

Rodríguez Rivas, Juan José.

Sánchez Grela, Milagros.

ANEXO II

Fernández Fernández, María Teresa.

Sueiro Pose, María José.

5667