Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 4 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita. (Expediente 5905).

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que Antonio Tapia Arias e outro, con enderezo en San Roque, 22, 32300 O Barco de Valdeorras, presentou nesta delegación provincial, instancia-solicitude do permiso de investigación La Amistad de 3 cuadrículas mineiras para recursos de lousa, que se sitúa no Concello de Samos, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5905 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice Lonxitude Latitude

1 7º 16' 20'' 42º 43' 00''

2 7º 15' 20'' 42º 43' 00''

3 7º 15' 20'' 42º 42' 40''

4 7º 16' 20'' 42º 42' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 4 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5431