Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1977, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.
Enderezo social: apartado 6, 36080 Silleda.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Chouza Grande-Ponte.
Situación: Silleda.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Silleda-Ponte ata o C.T. que se proxecta en Chouza Grande-Ponte, concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20/24 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 620 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 25 de xuño de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5432