Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/32-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. do Coto.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea-subterránea, a 20 kV, o tramo aéreo de 100 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, e o tramo subterráneo de 25 m con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. de Forzáns ata o C.T. que se proxecta no Coto, concello da Lama. C.T. de 500 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 16 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5445