Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta delegación acorda

darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos de obra que se relacionan:

1. Forma de adxudicación: tódolos contratos que de seguido se relacionan foron adxudicados por concurso público, procedemento aberto, ó abeiro do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato: consolidación de noiros e obras varias no CP de Trazo.

Contratista: Construcciones Cando, S.L.

Importe da adxudicación: 14.389.321 ptas.

Data adxudicación: 26-5-1997.

1.2. Obxecto do contrato: reparación de cristaleiras e pintura interior nos Centros de FP de Curtis e Fene.

Contratista: Construcciones Alea, S.L.

Importe da adxudicación: 19.568.085 ptas.

Data adxudicación: 26-maio-1997.

1.3. Obxecto do contrato: cambio da instalación da calefacción e remodelación de espacios no IFP de Ponteceso.

Contratista: Construcciones Cando, S.L.

Importe da adxudicación: 19.176.983 ptas.

Data adxudicación: 12-6-1997.

1.4. Obxecto do contrato: reposición de cubertas nos CP de Escarabote-Boiro e Palmeira-Ribeira.

Contratista: Construcciones Alea, S.L.

Importe da adxudicación: 18.861.009 ptas.

Data adxudicación: 26-5-1997.

A Coruña, 27 de xuño de 1997.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña

5435