Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-203).

Por decreto desta alcaldía nº 1581/1997, do 15 de abril, acordouse aprobar inicialmente o proxecto complementario de urbanización sobre parte do S.U.N.P. A-32, e I-2 A Xesta, en Iñás (Oleiros), tramitado por Xunta Compensación da Urbanización A Xesta. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 12 de xuño de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5427