Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de clave N/AC/96.5, ampliación de plataforma e reforzo do firme da AC-230, treito Montesalgueiro-Curtis.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 5 de maio de

1997, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 126/1997, do 14 de maio, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Curtis, Oza dos Ríos e Aranga, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Curtis.

Lugar: Casa do Concello de Teixeiro.

Data: 4 de agosto de 1997.

Hora: de 9.30 a 14.

Núm. predio: do 1 ó 80.

Data: 5 de agosto de 1997.

Hora: de 9.30 a 14 do 81 ó final.

Concello de Oza dos Ríos.

Lugar: Casa do Concello de Oza dos Ríos.

Data: 6 de agosto de 1997.

Hora: de 9.30 a 14.

Núm. predio: do 164 ó 264.

Data: 7 de agosto de 1997.

Hora: de 9.30 a 14.

Núm. predio: do 265 ó final.

Concello de Aranga.

Lugar: Casa do Concello de Ponte Aranga.

Data: 8 de agosto de 1997.

Hora: de 9.30 a 14.

Núm. predio: do 383 ó 483.

Data: 11 de agosto de 1997.

Hora: de 9.30 a 14.

Núm. predio: do 484 ó final.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran necesario, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, perante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe

97-5441