Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa duns locais sitos na rúa dos Feáns, número 1-3 e 11, de Santiago de Compostela, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das peculiaridades do ben, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro duns locais sitos na rúa dos Feáns, nº 1-3 e 11, de Santiago de Compostela, para a situación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

5762