Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.172

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG do 23 de xuño, é necesario efectua-las oportunas modificacións:

-Na páxina 5.991, no artigo 9, apartado 1, onde di: «...conforme o previsto no anexo II do Decreto 299/1990, do 24 de marzo...», debe dicir: «...conforme o previsto no acordo do Consello da Xunta de Galicia do trinta de maio de mil novecentos noventa e un, en relación co artigo 25 do Decreto 299/1990, do 24 de maio...».

-Na páxina 6.000, no artigo 48, apartado 3, onde di: «...conserva-la documentación a que se refire o artigo e o número 1 deste artigo...», debe dicir: «...conserva-la documentación a que se refire o artigo 47 e o número 1 deste artigo...».

-Na páxina 6.005, no anexo I, o texto que se inclúe baixo o epígrafe DOCUMENTOS QUE SE XUNTAN Á SOLICITUDE DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA (12) ata Outros/Otros (13) suprímese, ámbolos dous inclusive, por estar duplicado coa documentación esixida na páxina 6.004.

5739