Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en estrada de Currelos.
-Situación: Monforte de Lemos.
-Descricións técnicas:
Liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 2.844 metros, sobre apoios de formigón. Liña de media tensión subterránea con conductor R.H.V.-12/20 kV-3x95 Al. Dous centros de transformación de 50 e 160 kVA. 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.Z.-0,6/1 kV-4x150 Al, para mellora do servicio eléctrico na zona estrada de Currelos, concellod e Monforte de Lemos.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
Resolve autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 6 de xuño de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5347