Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/22-2-4692 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Marzán, Valdemoitos e Vilalpape.

-Situación: Bóveda.

-Descricións técnicas:

Liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm, cunha lonxitude de 2.669 metros, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V sobre apoios de formigón en Marzán e Vilalpape. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Marzán, Valdemoitos e Vilalpape, concello de Bóveda.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

Resolve autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 6 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5345