Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.153

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (124/1997).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fago saber, que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 124/1997, por instancia de Gonzalo Bruzos Piñeiro e a súa dona, contra Benigno Villaverde Carbia e Ramón Villaverde Varela nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Gonzalo Bruzos Piñeiro e a súa dona co fin de que o día vintecatro de xullo, ás doce quince horas, comparezan perante este xulgado para asistiren á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciantes-denunciados, apercibín

doos de que no caso de non verificalo recaerán sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, e que deberán comparecer asistidos das probas das que tenten valerse.

E para que conste e lles sirva de citación a Gonzalo Bruzos Piñeiro e á súa dona, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5437