Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 21 de xullo de 1997 Páx. 7.153

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (217/1993-01).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fago saber, que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 217/1993, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Múñoz, contra Francisco Martínez Rivadas e Consuelo Rocha Romero, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en poxa pública, por primeira vez o termo de vinte días, e polo tipo da valoración que se dirá, os seguintes bens da propiedade dos demandados:

Lote número un: 15 xogos de pendentes/sortellas de ouro de diferentes formatos e tamaños: 148.155 pesetas.

Lote número dous: 32 sortellas de ouro de diferentes formatos e tamaños: 267.400 pesetas.

Lote número tres: 17 medallas de ouro de diferentes formatos e tamaños: 53.300 pesetas.

Lote número catro: 6 cruces de diferentes formatos e tamaños, 14.500 pesetas.

Lote número cinco: 9 aros de pedida de ouro de diferentes formatos e tamaños: 213.500 pesetas.

Lote número seis: 5 escravas de ouro de diferentes formatos e tamaños: 34.200 pesetas.

Lote número sete: 9 pulseiras de perlas en ouro de diferentes formatos e tamaños: 81.000 pesetas.

Lote número oito: 2 pulseiras de corais de diferentes formatos e tamaños: 15.300 pesetas.

Lote número nove: 4 pulseiras de ouro de diferentes formatos e tamaños: 119.000 pesetas.

Lote número dez: 11 reloxos de cabaleiro de diferentes formatos e tamaños: 69.500 pesetas.

Lote número once: 5 colares de ouro de diferentes formatos e tamaños: 131.700 pesetas.

Suma total dos once lotes: 1.147.700 pesetas.

Os devanditos bens foron valorados na suma total de 1.147.700 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, situado no polígono das Fontiñas, rúa Viena

s/n, desta cidade, o día 10 de outubro de 1997, ás 12.30 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes de valoración.

Segunda.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirvan de tipo para a poxa, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceira.-Só o executante poderá face-la oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado, depositando na mesa do xulgado xunto con aquel, o importe da consignación.

Quinta.-Por instancia do acredor sácanse os bens a poxa pública sen suplir previamente a falla de títulos.

Sexta.-As cargas e gravames anteriores e as preferentes, se os houber, ó crédito do autor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día 12 de novembro de 1997 ás 12.30 horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o 15 de decembro de 1997 ás 12.30 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Vinte de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5481