Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 17 de xullo de 1997 Páx. 7.054

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUO MUNICIPAL DOS DEPORTES-VIGO

ANUNCIO.

En virtude das facultades que me outorga a lexislación vixente en materia de réxime local, resolvo:

Convoca-las probas selectivas para cubrir polo sistema de promoción interna a contratación do seguinte persoal:

-Administrativo: 1 praza.

-Auxiliar administrativo: 1 praza.

-Oficial de instalación: 12 prazas.

-Oficial de mantemento: 3 prazas.

Segundo as bases que foron aprobadas pola Pleno do Concello de Vigo o día 30 de abril de 1997, e que son as seguintes:

Bases xerais para a convocatoria

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión en propiedade de postos vacantes no cadro de persoal do IMD de Vigo que se acordan ofertar.

II. Número de prazas, natureza e características.

Tódolos postos reservanse para promoción interna.

III. Publicidade das convocatorias.

As convocatorias coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da casa do concello, no taboleiro de IMD, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial del Estado e na prensa local.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

a) Persoal do IMD que non se atope en situación administrativa de suspensión firme, deberán estar en posesión da titulación esixible legalmente para o acceso ó posto e contar cunha antigüidade de dous anos como mínimo na categoría desde a que promociona, contados ata o día da data de finalización do prazo de presentación de instancias.

b) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na tesourería do IMD a cantidade de 2.250 ptas en concepto de dereitos de exame.

c) O persoal laboral fixo do IMD pertencentes a grupos de inferior categoría á que se aspira, achegarán coa súa solicitude orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza, e certificado expedido polo secretario do Consello de Administración que acredite o seguinte: que se atopan en activo na data da convocatoria, tempo de servicios no grupo e carta de pagamento dos dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

Ademais, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo para a fase de concurso.

Como excepción se o mérito que se alega é ter prestado servicios no IMD, bastará con facelo constar en declaración xurada que se achegará coa solicitude na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios no IMD.

Para a xustificación dos méritos, a ou o aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá aportar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso non procederá a súa valoración se non fose achegada antes da data de realización do concurso.

V. Presentación de solicitudes.

As instancias dirixiranse ó presidente do Consello de Administración do IMD de Vigo, e presentaranse no rexistro do IMD, no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No IMD facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

VI. Admisión.

Rematado o prazo de presentación de instancias a Presidencia do IMD dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data de realización das probas e a designación do tribunal cualificador, que se publicará no BOP, no taboleiro de edictos da corporación, e no taboleiro do IMD, concedéndose un prazo de 10 días, a partir da publicación no BOP para a corrección por parte de quen fose excluído, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos/as, cos motivos da exclusión, sen prexuízo da publicación íntegra da lista de admitidos/as no taboleiro de edictos da corporación, e no taboleiro do IMD.

A mentada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma que a provisional.

VII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

Presidente. O do IMD ou concelleiro en quen delegue.

Secretario. O secretario delegado do Consello de Administración.

Vocais. Dous membros designados polo Consello de Administración do IMD, catro representantes dos delegados de persoal do IMD e o xefe do servicio.

Xunto cos titulares nomearanse os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agas o secretario que só contará con voz.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dunha asesora ou asesor, con voz e sen voto, cando excepcionalmente se requira para a adecuada cualificación. Así mesmo, o tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó dos postos que se convocan, incorréndose en caso contrario en nulidade de pleno dereito.

Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de edictos da corporación e no de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas, así como no taboleiro do IMD.

Os membros do tribunal e os asesores que poida designar aquel, que asistan ás sesións percibirán axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto as categorías dos tribunais serán as seguintes:

1. Selección de persoal laboral equiparado ó grupo C segundo convenio.

2. Selección de persoal laboral equiparado ó grupo D segundo convenio.

VIII. Comezo dos exercicios.

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no BOP e taboleiro de edictos da corporación, e do IMD. Atrasarase a data de inicio das probas para cumpri-los mentados prazos, se fose preciso.

Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único.

Comezarase pola fase de concurso, reuníndose o tribunal coa antelación necesaria para que se cumpra a data dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición, publicarase no taboleiro de edictos, no taboleiro do IMD, e no de anuncios do lugar onde se realicen.

IX. Sistema de selección.

Establécese o concurso-oposición, que constará de dúas fases.

1. Fase de concurso:

a) A fase de concurso valorarase cun 40% como máximo da puntuación total, reducíndose no caso de que fose preciso.

b) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo:

1. Antigüidade.

Por cada ano ou fracción no grupo ou escala de orixe: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento.

Pola participación en cada curso relacionado coas funcións que van desenvolver, impartido polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promocionados polo concello:

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

Tamén se valorarán os cursos impartidos por organismos ou empresas privadas, por encargo dun organismo oficial, sempre que o diploma de asistencia sexa expedido por este último.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

3. Titulacións académicas.

-Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto.

4. Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso de iniciación: 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,65 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 0,80 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

5. O/a aspirante que acredite non ter realizado ningún dos anteriores cursos, poderá efectuar un exame que se valorará cun máximo de 0,25 puntos.

2. Fase de oposición.

Constará de 2 exercicios, un teórico e outro práctico, que se cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O exercicio teórico realizarase por escrito.

Serán tipo test, con preguntas relacionadas cos temas que figuran no programa.

Nos test o número de preguntas, o tempo efectivo para respondelas e o número de respostas alternativas estará en función do grupo de titulación no que se equipara o posto e será en cada caso, o seguinte:

Grupo Nº de preguntas Tempo efectivo Nº respostas alternativas

C 50 30 m 4

D 30 30 m 3

Na proba práctica os membros do tribunal poderán propoñe-los casos prácticos que consideren conveniente, no caso de non chegar a dez, o tribunal deberá completalos antes de iniciarse a sesión. Xunto cos casos prácticos figurará a súa resposta ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións

de tódolos membros do tribunal asistentes á sesión. Non se valorarán a puntuación máis alta e máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia de 3 puntos como mínimo.

Segundo os grupos ó que pertenzan as prazas, o número de temas será como mínimo o seguinte:

-Grupo C: 40 temas.

-Grupo D: 20 temas.

No temario deberán figura-los temas a que fai referencia o R.D. 896/1991, do 7 de xuño.

Ó remate de cada proba se os exames non se corrixisen, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia da ou do secretario para a súa apertura ó inicio da sesión na que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será o seguinte: primeiro, o xefe do servicio do IMD; segundo, os/as representantes dos delegados de persoal; terceiro, os membros designados polo Consello de Administración do IMD; cuarto o presidente.

Os membros do tribunal só poderán cualifica-los exames daqueles aspirantes ós que corrixiran o exame.

O tribunal poderá solicitar da oficina do IMD ou do propio aspirante calquera aclaración ou comprobación da documentación presentada para acredita-los seus méritos.

A suma das puntuacións obtidas na, fase de concurso, e en cada un dos exercicios da oposición, servirá para establece-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor da ou do aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persiti-lo empate quen obtivese maior puntuación polo apartado de coñecementos ou experiencia profesional; e de persisti-lo empate a persoa de maior idade.

Naqueles exercicios en que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos aspirantes, o tribunal antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para establece-la devandita orde.

X. Prazo entre exercicios da oposición.

Entre a celebración de cada unha das probas da oposición, deberá transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

XI. Contratación.

Unha vez aprobada a proposta do tribunal polo Consello de Administración, notificaráselles ós interesados para que subscriban os seus contratos laborais-fixos no prazo dun mes contado desde o día seguinte á notificación do acordo.

Quen non o subscriba no citado prazo perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.

No contrato farase consta-la manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público, e que non realiza actividade privada remunerada, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da Seguridade Social público e obrigatorio. Así mesmo, tódalas referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios se efectúen a persoal funcionario entenderanse referidas a persoal laboral e as que se fagan a grupo de titulación a equiparado ó grupo de titulación.

XII. Incidencias.

As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta e da actuación dos tribunais poderán ser impugnadas polas e polos interesados nos casos, termos e forma que prevé a Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección.

Bases específicas para a convocatoria

1. Administrativo/a.

I. Número de prazas. 1

II. Características.

Equiparadas para efectos retributivos e calquera outro non prohibido pola lei ó grupo C; escala, Administración xeral; subescala administrativa.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

V. Fase de concurso.

Efectuarase consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria.

VI. Exercicios da oposición.

Realizaranse consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria. O exercicio práctico consistirá en desenvolver dous supostos prácticos propostos polo tribunal en materias relacionadas co temario anexo.

Anexo do temario

-Primeira parte: dereito político e constitucional.

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución Española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

Tema 6. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

-Segunda parte: dereito administrativo

Tema 1. A Unión Europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da Acta de Adhesión de España á Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 2. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 3. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 4. A Xunta de Galicia e do seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.

Tema 8. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 9. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 10. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 11. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 12. Os recursos administrativos: Concepto e clases.

Tema 13. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 14. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 15. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

-Terceira parte: Administración local.

Tema 1. Réxime local español: principios constitucionais.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 8. A función pública local e a súa organización.

Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 10. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 11. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 12. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 13. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 16. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 17. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18. Os presupostos locais. Contabilidade e contas.

2. Auxiliar administrativo.

I. Número de prazas. 1

II. Características.

Equiparadas a efectos retributivos e calquera outro non prohibido pola lei ó grupo D; escala, Administración xeral; subescala auxiliar.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente (certificado de estudios primarios expedido con anterioridade á finalización do curso 1975/1976, ou acreditación fidedigna de reunir, no seu día, as condicións para obtelo).

V. Fase de concurso.

Efectuarase consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria.

VI. Exercicios da oposición.

Realizaranse consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria.

O exercicio práctico consistirá nunha copia a máquina durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto. Se o aspirante utiliza máquina eléctrica (non electrónica), a velocidade mínima será de 280 pulsacións por minuto.

Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito, de acordo cun baremo obxectivo que estableza o tribunal.

Anexo do temario

-Apartado A.

Tema 1. A Constitucións española de 1978. Principios xerais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa.

Tema 2. Os poderes do Estado a división de poderes.

Tema 3. A Unión Europea. A Acta Única Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.

Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 5. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administración autonómica, Administración local. Administración institucional e corporativa.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometemento da

Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 7. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo.

Tema 8. Formas da acción administrativa. Fomento policía. Servicio público.

Tema 9. Organización e competencias municipais.

-Apartado B.

Tema 1. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia a provincia. A súa organización e competencias.

Tema 3. Organización municipal. Competencias.

Tema 4. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 5. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 6. Organización e competencias municipais, a función pública local.

Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario.

Tema 8. Procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 9. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.

Tema 10. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.

Tema 11. Partes dun ordenador. Memoria e os seus tipos. Periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos. Tratamento de textos. Finalidade, posibilidades, axudas. Principais programas existentes. Bases de datos. Finalidade.

3. Oficial de instalación.

I. Número de postos. 12.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación.

Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

V. Fase de concurso.

Efectuarase consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria.

VI. Exercicios da oposición.

Realizaranse consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria. O exercicio práctico consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial de instalación, que proporá o tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Anexo do temario

-Apartado A.

Tema 1. A Constitucións española de 1978. Principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes do persoal laboral consote o acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.

-Apartado B.

Tema 1. A fontanería nas instalacións deportivas.

Tema 2. A electricidade nas instalación deportivas.

Tema 3. A albanelería nas instalacións deportivas

Tema 4. A carpintería nas instalacións deportivas

Tema 5. O mantemento nas instalacións deportivas.

Tema 6. A ordenanza fiscal do IMD de Vigo.

Tema 7. A xardinería, plantación e cualidades de árbores e plantas.

Tema 8. Os usuarios das instalacións deportivas, dereitos e obrigas.

Tema 9. Partes dun ordenador. Memoria e os seus tipos. Periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos.

Tema 10. Tratamento de textos. Finalidade, posibilidades, axudas. Principais programas existentes. Bases de datos. Finalidade.

Tema 11. Utilización das instalacións deportivas, campos de xogo, equipamento.

Tema 12. A atención e información ó público, o control de acceso á instalación.

Tema 13. Funcionamento e manexo do equipamento da instalación, Iluminación, megafonía, cortinas, etc.

Tema 14. Reserva de instalacións e cobramento dos prezos públicos.

Tema 15. Pintado das instalación deportivas.

Tema 16. Mantemento de piscinas.

4. Oficial de mantemento.

I. Número de postos: 3.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación.

Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

V. Fase de concurso.

Efectuarase consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria.

VI. Exercicios da oposición.

Realizaranse consonte o previsto na base VIII e IX das bases xerais desta convocatoria. O exercicio práctico consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial de instalación, que proporá o tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio.

Anexo do temario

-Apartado A.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes do persoal laboral consonte o acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.

-Apartado B.

Tema 1. A fontanería nas instalacións deportivas.

Tema 2. A electricidade nas instalación deportivas.

Tema 3. A albanelería nas instalacións deportivas.

Tema 4. A carpintería nas instalacións deportivas.

Tema 5. O mantemento nas instalacións deportivas.

Tema 6. Maquinaria de taller.

Tema 7. A xardinería, plantación e cualidades de arbores e plantas.

Tema 8. Ferramentas de mantemento.

Tema 9. Mantemento dos pavimentos nas instalación deportivas.

Tema 10. Mantemento de piscinas e instalación de auga.

Tema 11. Marcaxe e pintado dos campos de xogo.

Tema 12. A pintura nas instalacións deportivas municipais

Tema 13. Funcionamento e mantemento da saunas.

Tema 14. Mantemento de campos de fútbol, campos de cespede e area estabilizada e herba artificial, etc.

Tema 15. Sistemas de calefacción e auga quente, caldeira de gasóleo, bomba de calor, etc.

Tema 16. Cerrallería e soldadura.

Contra a presente resolución, os interesados, poderán interpoñer recursos contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ou calquera outro que coiden oportuno.

Vigo, 23 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde