Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 18 de xuño de 1997, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 1997.

Visto o texto do acordo subscrito o día 10 de xuño de 1997 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia, CIG, CSI-CSIF e UGT-Galicia, representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral, así como na comisión da concesión das axudas de acción social do ano 1997 e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 18 de xuño de 1997, sobre criterios de reparto de fondo de acción social para o exercicio do ano 1997, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro correspondente de esta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo para o seu depósito.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do fondo

de acción social para o exercicio de 1997.

En Santiago de Compostela, dez de xuño de mil novecentos noventa e sete, os representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, así como na comisión da concesión de axudas de acción social do ano 1997, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do fondo de acción social

para o exercicio do ano 1997

Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Primeira.-Poderá causar dereito ás distintas axudas que se establecen na presente resolución o seguinte persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorparados á Xunta de Galicia con anterioridade o 1-1-1998.

b) O persoal referido no parágrafo anterior debería estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no ano 1997.

Segunda.-Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo o persoal ó servicio de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas, etc.), o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Madres de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña e, ademais, todo o persoal que non esta organicamente integrado na Xunta de Galicia.

Terceira.-O persoal laboral non poderá solicita-las axudas previstas para diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, ó que lle será de aplicación o disposto no artigo 37 do III convenio único da Xunta de Galicia, agás os casos previstos no punto 2 das normas específicas.

Cuarta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos que se determinen nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

2. Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou doutro organismo oficial, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderá solicitarse a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo correspondente.

b) Queda exceptuada da alínea a) a axuda a diminuídos físcos, psíquicos ou sensoriais.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido para cada axuda, debidamente cuberta.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador.

Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servicio da Dirección Xeral de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

Servicios periféricos: secretarios xerais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certifica-los directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ó persoal con destino nos ditos centros.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servicios nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación ou copia cotexada os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos aportados con emendas ou riscaduras.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación aportada ou a omisión da requirida darán lugar á denegación da axuda solicitada ou perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houbera lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

a) As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285 do 27 de novembro), dirixidas ó director xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, nº 1, Santiago de Compostela), desde o 1 de setembro de 1997 e ata o fin do prazo que para cada tipo de axuda se sinala no seguinte calendario:

AxudaFin de prazo

Xubilación

Fillos menores31-outubro-1997

Estudios por fillo31-outubro-1997

Estudios do traballador31-outubro-1997

Diminuídos15-xaneiro-1998

Vivenda15-xaneiro-1998

b) Se é o caso, o persoal incorporado por primeira vez no ano 1997 á Xunta de Galicia no período comprendido entre o día seguinte ó remate do prazo de presentación de solicitudes e o 31-12-1997 podrá presenta-las súas solicitudes ata o 15-1-1998.

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

Os créditos existentes destínanase á atención das situacións que referidas ó ano 1997 se relacionan seguidamente nas porcentaxes e contías que, así mesmo, se indican:

Finalidade PorcentaxeContía

1. Axuda á xubilación14%84.000.000

2. Axuda a diminuídos13%78.000.000

3. Axuda por fillos menores25%150.000.000

4. Axuda estudios do traballador 4% 24.000.000

5. Axuda estudios por fillo22%132.000.000

6. Axuda por vivenda22%132.000.000

Total600.000.000

Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela poderanse modifica-las contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puideran respecta-los topes mínimos establecidos nas axudas que así o establezan.

Os remanentes que houbera en cada unha das presentacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de estudios por fillos e fillos menores nun 70% e un 30% respectivamente.

Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes procederase ó seu estudio e cualificación polo Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos deste resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública publicaranse listas provisionais de

admitidos e excluídos contra as que os interesados poderán formular-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán corrixirse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Esgotado este, elevaranse aqueles a definitivos coas modificacións a que houbera lugar.

3. O aboamento das axudas concedidas efecturase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolverá o expediente, entenderase desestimada a solicitudes.

Normas específicas:

1) Axudas a xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia que se xubilará ou invalidará permanentemente no ano 1997 (desde 1--1-1997 ata 31-12-1997 ambos inclusive).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 1997, así como dos importes percibidos ó amparo da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 1997, agás o persoal previsto na norma xeral 1. Ámbito persoal «segunda» do ámbito persoal que lles afecta e que non ten dereito ó fondo de acción social.

De acordo coa alínea 2 a) das normas xerais o persoal xubilado que ostente a condición de mutualista sometido ó campo de aplicación de Muface ou de calquera outra mutualidade de aseguramento deberá solicitar á dita mutualidade o subsidio de xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria da mutualidade de non ter dereito á dito subsidio ante esta dirección xeral e antes do 15-1-1998.

A mutualidade Muface remitirá, para petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación durante o ano 1997, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 1997 que, ostentando a condición de mutualista de Muface ou outra mutualidade de aseguramento, figurase nas listas de excluídos coa clave: «Falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento», quedarán excluídos do fondo de acción social, elevándose a correspondente proposta de

aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferencia, con cargo ó orzamento do fondo de acción social do ano 1998, se non fora posible facelo con cargo ó de 1997 por estar este xa executado.

Contido:

Reparto da contía do orzamento sinalado no punto 6.1 deste acordo entre os beneficiarios cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo 350.000 ptas.

Documentación:

a) Non se precisa presentación de solicitudes.

b) A concesión será feita de oficio pola Administración.

2) Axudas para a atención a diminuídos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia previsto no apartado 1. Ámbito persoal, que teña baixo a súa dependencia directa e legal e viviendo ás súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentencia xudicial firme; diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-1998, polos organismos que a continuación se relacionan e que os seus ingresos non superen o salario mínimo interprofesional anual:

-Área de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ou Sanidade e Servicios Sociais.

-Instituto Nacional de Servicios Sociais.

O persoal laboral terá dereito a esta axuda sempre que:

1º Reúna tódolos requisitos antes sinalados para causar dereito á axuda.

2º Que a solicite no ano 1997 á súa consellería de destino de acordo co artigo 37 do III convenio colectivo único e non perciba a totalidade da contía anual neste caso, o FAS farase cargo da diferencia.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.2 entre tódolos solicitantes beneficiarios cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo de 216.000 ptas. por axuda e diminuído.

Documentación:

Para os fillos:

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada do certificado oficial de minusvalidez, expedido polos centros anteriormente sinalados.

c) Copia cotexada de tódalas follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Copia cotexada da declaración da renda do diminuído e unidade familiar do solicitante do ano 1996.

Para os consortes-ascendentes:

a) Solicitude normalizada por cada diminuído.

b) Copia cotexada do certificado oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados.

c) Copia cotexada do DNI do diminuído.

d) Copia cotexada do certificado de convivencia do concello e xustificación do parentesco co solicitante.

e) Copia cotexada da fe de vida do diminuído.

f) Copia cotexada da declaración da renda do diminuído e unidade familiar do solicitante do ano 1996.

Se o diminuído non ten declaración da renda remitirá certificación de cotizacións da Tesourería Territorial desde o 1-1-1996.

g) Certificación de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social.

h) Libro de familia do causante.

3) Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia determinado no apartado 1. Ámbito persoal, que teñan fillos nados antes do 1-9-1997 e que non alcancen a idade escolar obrigatoria no curso 1997/1998.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.3 entre tódolos solicitantes beneficiarios cun máximo de 45.000 ptas. por axuda e fillo.

Documentación:

Causantes aprobados no FAS do ano 1996:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor causante.

b) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss.).

Outros causantes:

a) Solicitude normalizada por cada fillo menor.

b) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss.).

4) Axuda de estudios do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia determinado no apartado 1. Ámbito de persoal, que curse estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial que dea lugar á obtención de títulos académicos expedidos pola Administración pública todos eles durante o curso académico 1997/1998.

No ámbito universitario queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Reparto da contía sinalada no punto 6.4 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 16.000 ptas.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamación o solicitante non puidese por causas alleas á súa vontade presenta-lo documento de ter aboada, a matrícula do curso 1997/1998, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 1998.

Documentación:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 1997/1998, debendo figura-lo importe pagado.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1997/1998, antes do 30-9-1998 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 1998.

5) Axuda para estudios por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, determinado no apartado 1. Ámbito de persoal, que teña fillos ó seu cargo que cursen estudios de EXB, BUP, FP, universitarios e outros de carácter oficial que dea lugar a obtención de títulos académicos expedido pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 1997/1998.

No ámbito universitario queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.5 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 15.000 ptas. por axuda e fillo.

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante no puidese por causas alleas á súa vontade presenta-lo documento de ter aboado a matrícula do curso 1997/1998 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 1998.

Documentación:

Causantes aprobados no FAS do ano 1996:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 1997/1998.

Non se precisa en estudios de EXB.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss.).

d) Se é o caso documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1997/1998 antes do 30-9-1998 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 1998.

Outros causantes ou procedentes de fillos menores:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso 1997/1998.

c) Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións.

d) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente (Muface, bolsas, Inss.).

e) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 1997/1998 antes do 30-9-1998 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 1998.

6) Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia determinado no apartado 1. Ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 1997 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan a unha unidade familiar na que algún dos seus membros percibira esta axuda en anos anteriores. Non terán dereito a esta axuda o persoal funcionario sanitario da Lei 17/1989 do 23 de outubro (DOG nº 206 do 26-10-1989) de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma e do Decreto 303/1990, do 31 de maio (DOG nº 111 do 8-7) que perciba este mesmo tipo de axuda, o persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o persoal interino posterior ó 31-5-1990 nin o persoal laboral temporal. Para efectos da axuda de vivenda a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou conviventes, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente,

irmáns ou persoal que convivan co solicitante.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6.6 entre tódolos solicitantes beneficiarios ata un tope máximo de 400.000 ptas. por unidade familiar.

Documentación:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) Copia notarial cotexada da formalización de compra-venda ou obra nova escriturada no ano 1997.

c) Copia cotexada do DNI do solicitante e persoal que integre con el a unidade familiar.

d) Copia cotexada da declaración da renda completa do ano 1996 do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

No caso de ter ingresos ou gastos de rendas de capital inmobiliario, deberán demostrar con informe detallado e documentos oficiais (facturas, certificados bancarios, recibos da contribución, etc.) que os ditos rendementos non corresponden a unha segunda vivenda.

e) Copia cotexada da cartilla de afiliación á Seguridade Social, Muface, etc., do solicitante e da persoa que constitúa con el a unidade familiar.

f) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

g) De acordo co apartado 2 a) das normas xerais o persoal solicitante e/ou o que constitúa con el a unidade familiar, que ostente a condición de mutualistas sometidos ó campo de aplicación de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento de funcionarios deberán solicitar á dita mutualidade dentro do ano 1997 a «axuda por compra de vivenda ou obra nova» xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ó fondo de acción social e deben presentar copia cotexada da solicitude da subvención a Muface ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios ou certificación acreditativa.

No suposto de que Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento rexeitase a axuda solicitada dentro do ano 1997 polo mutualista ou por quen con el constitúa a unidade familiar, por tela solicitado «noutro organismo oficial», deberá o solicitante da axuda de vivenda a este fondo social da Xunta de Galicia presenta-la copia da solicitude da axuda formulada a ese organismo oficial que provocou a denegación da mutualidade que corresponda.

Se da documentación presentada resultase que o solicitante da axuda de vivenda deste fondo social non percibiu a axuda de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento por tela solicitado a «outro organismo oficial», sendo este o fondo social da Xunta de Galicia, tamén será excluído polo fondo social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

A mutualidade Muface remitirá, para petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes da «axuda por compra de vivenda ou obra nova» durante o ano 1997, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listas que publiqe a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión «falta importe percibido por Muface, ou otra mutualidade de aseguramento de funcionarios», deberán presentar antes do 30-9-1998, certificación do importe concedido, co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso, da axuda, con cargo ó orzamento

do fondo de acción social do ano 1998, se non fora posible facelo con cargo ó de 1997 por estar este xa executado.

h) Son compatibles coas previstas na orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 20 de marzo de 1992 (DOG nº 65 do 3 de abril).

-Pola Administración:

Juan José Álvarez Pérez.

Subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

Luis Boullosa Nores.

Presidente.

Rafael López Aguilera.

Secretario.

Generosa Yáñez Salgado.

Pola Dirección Xeral da Función Pública.

José F. Sánchez-Brunete Varela.

Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Felipe Alberto Nóvoa Conde.

Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Economía e Facenda.

Agustín Cariñena Aliaga.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Mª José Fernández Ribeiro.

Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Concepción Outeiriño Quintas.

Consellería de Industria e Comercio.

Ángeles Carballo Martínez.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Pedro Tomás Díaz Rodríguez.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Maika Selas García.

Santiago Suárez Martínez.

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Luisa F. Mediero Lago.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Mª José Colomer Fariña.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Polas organizacións sindicais.

Clara Gamarra Lozano.

CC.OO.

Olegario Beloso García.

CIG.

Eva M. Vidal Carneiro.

CSI-CSIF.

Juan J. Lojo Domínguez.

UXT.

5384