Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 18 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0005330/1997 interposto polo Concello de Tomiño.

Con data do 16 de xuño de 1997, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da Sala do Contencioso-Administrativo sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 02/0005330/1997, interposto polo Concello de Tomiño contra acordos do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, con data do 19-3-1997, sobre clasificación como veciñais en man común dos montes Pinota, Méndez, Parque e Ramo, da parroquia de Forcadela, concello de Tomiño.

En consecuencia, esta presidencia acordou de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27

de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Pontevedra, 18 de xuño de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

5547