Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Monforte de Lemos.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa para a construcción e xestión dun aparcamento subterráneo, no Campo da Compañía, segundo plano que consta no expediente.

b) Lugar de execución: Monforte de Lemos.

c) Prazo de concesión: 65 anos, como máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

O ofertado polos propoñentes.

5. Garantías.

Provisional: 1.000.000 de pesetas.

Definitiva: 4% do orzamento das obras.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade adxudicadora: Concello de Monforte de Lemos.

b) Código postal: 27400.

c) Teléfono: 40 24 80.

d) telefax: 40 48 12.

e) Data límite de obtención de documentos e información: un día antes do remate do prazo de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Estar clasificado no grupo B, subgrupo 2, categoría e).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a esixida nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación: secretaría do concello.

9. Apertura de proposicións.

a) Data: quinto día hábil, despois de rematado o prazo de presentación.

b) Hora: doce.

10. Gastos de anuncios e do proxecto.

Será por conta do adxudicatario.

Monforte de Lemos, 2 de xullo de 1997.

Nazario Pin Fernández

Alcalde