Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

Aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias do concello das Pontes de García Rodríguez.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 2 de xullo de 1997, aprobou

definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do concello das Pontes de García Rodríguez, consistente na modificación do trazado dun vial entre o cruce de Vilavella e A Casilla, en terreos de Endesa.

A eficacia do acto de aprobación definitiva da presente modificación e a súa entrada en vigor queda condicionada á comunicación deste acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á recepción da copia compulsada do expediente completo e da demais documentación especificada no artigo 48.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como á publicación das súas normas e ordenanzas conforme o disposto na lexislación de réxime local.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpo-lo recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio. A interposición deste recurso requirirá a comunicación previa a esta corporación.

Así mesmo, poderase interpoñer calquera outro que se considere pertinente.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

As Pontes de García Rodríguez, 7 de xullo de 1997.

Vicente López Pena

Alcalde-presidente

5495