Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 18 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo, a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión anual dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese os abaixo citados para que no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que chegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 10 días seguintes ó da

comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo) procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 18 xuño de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

SolicitanteDNINº Expte.

Alvedro Castro, Roberto C.32.799.6782051/I/92
Bautis Carballal, Dorinda33.178.108912/I/91
García Castro, Inés A.35.170.466865/J/94
Giménez Cal, Dolores18.259.6311835/J/94
Martínez González, Pilar33.223.0525980/J/91
Martínez Solares, Marcelino32.826.2832114/I/92

97-5209