Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.890

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre.

Visto o expediente do convenio colectivo Hotel Finisterre, que tivo entrada na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6-6-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 13-5-1997, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Na Coruña o trece de maio de mil novecentos noventa e sete.

Reunidos:

Dunha parte, Gerardo Villarino Gómez, como director xerente do Hotel Finisterre, e da outra, o comité de empresa do Hotel Finisterre, constituído por:

José Casanova Cabado.

Carlos Vilariño Docampo.

Ofelia Mahía Ramos.

Francisco Ramos Cernadas.

Jorge Fiaño Sánchez.

1) Denunciado en forma o convenio de empresa do Hotel Finisterre, asinado o 15 de abril de 1981, e renovado nos anos sucesivos, acordan renovalo nas condicións e pactos que se especifican.

2) A vixencia do convenio que se asina hoxe, tal como se especifica no artigo 2º, terá unha duración dun ano natural, se ben poderá ser prorrogado pola tácita por períodos anuais, salvo a súa denuncia na forma establecida. No caso de prórroga pola tácita, as melloras económicas e sociais que se acorden entre as partes faranse constar en documento asinado que se unirá a este convenio.

3) Ámbalas partes conveñen o convenio de empresa de 1997, de acordo coas cláusulas seguintes:

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio afecta o persoal do cadro fixo do Hotel Finisterre da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997, e finalizará o 31 de decembro de 1997.

Poderá ser denunciado por calquera das partes mediante escrito certificado cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento e, se non for denunciado, entenderase prorrogado por períodos dun ano sucesivamente.

Acórdase unha suba en tódolos conceptos económicos do 0,4% sobre a inflación que saia para 1997 e, por conta desta, aboarase o 2,5% (revisión que se fará ó final do presente ano).

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun soldo base, conforme as distintas categorías profesionais, ó que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxe de servicios que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema a que se refiren os artigos 49.52º e seguintes da ordenanza laboral vixente pola nova regulación convida, considerando, ademais, que esta

nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal ó suprimi-las diferencias que, no outro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo serán compensadas e absorbidas ata onde alcancen nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen consideración de mínimas, polo que os pactos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantados que impliquen condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, subsistirán para aqueles productores que as viñesen desfrutando o 1 de xaneiro de 1981.

Artigo 6º.-Comisión en divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúa os ditos cambios.

Artigo 7º.-Ordenación das categorías profesionais.

Tódalas categorías profesionais das actividades de hostelería se adscribirán segundo os seguintes niveis:

Nivel I

Xefe de cociña.

Xefe de comedor.

Xefe de recepción.

Xefe de administración.

Gobernanta xeral.

Encargado de mantemento.

Nivel II

Segundo xefe de comedor.

Segundo xefe de cociña.

Nivel III

Xefe de sector.

Encargado de economato.

Subgobernanta.

Encargada de lencería e lavandería.

Xefe de partida.

Secretaria de dirección.

Nivel IV

Interventor.

Bodegueiro.

Cafeteiro.

Camareiro.

Recepcionista.

Cociñeiro.

Oficial de 1ª administrativo.

Caixeiro de comedor.

Fontaneiro.

Electricista.

Carpinteiro.

Pintor.

Nivel V

Axudante de economato.

Axudante de recepción.

Axudante de camareiro.

Axudante de cociñeiro.

Axudante de conserxe.

Conserxe de noite.

Auxiliar administrativo.

Telefonista 2ª.

Camareira pisos.

Nivel VI

Calefactor.

Mozo de equipaxes.

Vixilante de noite.

Fregadora.

Marmitón.

Lavandeira-lenceira.

Pranchadora.

Costureira.

Limpadora.

Mozo limpeza.

Nivel VII

Aprendices.

Mozo dos recados.

Nos casos en que non se incluíse algunha categoría neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel, e que serán as seguintes:

Nivel 1: 150.980 ptas.

Nivel 2: 145.118 ptas.

Nivel 3: 136.268 ptas.

Nivel 4: 127.419 ptas.

Nivel 5: 115.757 ptas.

Nivel 6: 102.740 ptas.

Nivel 7: 95.266 ptas.

Artigo 9º.-Manutención.

O persoal de calquera clase e categoría terá dereito a manutención como complemento salarial en especie, que percibirá con cargo á empresa, e durante as horas en que presten os seus servicios e sempre que avisen o mes anterior.

O complemento en especie de manutención poderá substituírse mediante a entrega de 6.140 ptas. mensuais computadas diariamente.

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considerarase incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe de aloxamento para aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 11º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio para todo o persoal de 7.600 ptas.

Artigo 12º.-Transportes.

Estabécese un plus de transportes para todo o persoal afectado polo presente convenio de 6.663 ptas.

Artigo 13.-Antigüidade.

Os premios por antigüidade establecidos polo vixente convenio, para o persoal fixo o 31 de decembro de 1985, quedan de acordo coa seguinte escala, tomando como base o salario garantido no convenio provincial de hostelería para as categorías laborais incluídas no artigo 7º deste convenio de empresa.

A partir do 1 de xaneiro de 1997, a antigüidade calcularase sobre as bases do convenio provincial de hostelería aprobados no ano 1996, as cales quedarán como base de cálculo para anos sucesivos, incrementados na porcentaxe que se aprobe ano a ano no convenio de empresa Hotel Finisterre.

As ditas bases faranse constar no convenio que se asine anualmente neste artigo.

Deste xeito, queda totalmente desligado de calquera acordo que se estableza no convenio provincial de hostelería, bruto que afecte a bases como a outros criterios.

1) Un 4% sobre o salario garantido ó se cumpriren tres anos de servicio efectivo na empresa.

2) Un 9% ós seis anos.

3) Un 17% ós nove anos.

4) Un 29% ós catorce anos.

5) Un 41% ós dezanove anos.

6) Un 48% ós vintecatro anos.

A partir dos 25 anos de servicio na empresa, nun 2% anual ata un límite dos 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional.

Os premios por antigüidade do vixente convenio para o persoal que ingresase na empresa despois do 1-1-1986 quedan establecidos por trienios de 3.778 ptas. en cada unha das pagas. Esta cantidade será revisada conxuntamente co resto das condicións económicas do convenio.

Bases para o cálculo da antigüidade:

Xefe recepción 114.119

Ofic. 1º contabilidade 109.049

Recepcionista 109.049

Axte. recepcionista 107.274

Interventor 112.369

Mozo equipaxe 102.228

Telefonista 107.617

Xefe de cociña 114.119

2º xefe de cociña 112.369

Xefe partida 109.049

Enc. economato 107.304

Cafeteiro 105.519

Cociñeiro 107.304

Xefe de comedor 114.119

2º xefe de comedor 112.342

Xefe sector 110.621

Camareiro 110.376

Gobernanta 112.369

Camareira 103.980

Encargada lencería 109.049

Pranchadora 101.651

Lencería 100.479

Limpadora 100.479

Encargado traballos 110.731

Calefactor 103.980

Carpinteiro 100.479

Electricista 100.479

Fontaneiro 100.479

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e 18 de xullo serán de 30 días, a de setembro de 15 días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda a cada caso.

No mes de marzo aboarase unha paga extraordinaria consistente en 15 días da retribución que lle corresponda a cada empregado de acordo cos salarios do artigo 8º.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado polo presente convenio será de trinta días naturais. Procurarase que os días festivos traballados sexan computados en descanso día a día, pero se por necesidades de organización isto non se puidese realizar, desfrutaranse acumulados, e nese caso co preceptivo descanso semanal.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería e administración.

Entenderase por xornada partida aquela na que haxa un descanso ininterrompido dunha hora como mínimo.

O tempo traballado computarase de modo que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

O dote do persoal fixo que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio, nun máximo de seis.

Entenderase como salario o do artigo 8º que lle corresponde ó traballador pola súa categoría profesional, previsto neste convenio, incrementado coa antigüidade. Este dereito afectará unicamente os traballadores que, ó contraeren matrimonio, rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino coma o feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nela, percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribución que comprenderá o soldo maila antigüidade. No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data do casamento, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade percibida en concepto de dote.

Este dereito soamente poderá ser desfrutado dunha soa vez polo productor durante a súa permanencia na empresa.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de ningunha retribución, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Casamento do productor: 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e parto da esposa: 4 días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: 4 días.

-Morte de pais ou irmáns políticos: 2 días.

-Morte de tíos, sobriños ou curmáns: 1 día.

-Morte de avós ou netos: 1 día.

-Vodas de fillos ou irmáns: 1 día se é dentro da provincia e tres se é fóra dela.

-Bautizos, primeiras comuñóns de fillos e netos: 1 día.

-Traslado de domicilio: 1 día.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que, en ningún caso,

se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada. Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, e concederase polo tempo solicitado.

c) O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de antelación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á reincorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo prestase os seus servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio nacional en empresas comprendidas na ordenanza laboral de traballos de hostelería.

e) Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino e causaría baixa ó se reincorpora-lo substituído. Se este non se reincorporase no prazo e condicións sinalados cesaría definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, de darse o caso, poría fin ó que se viñese desfrutando.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excendencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria o traballador deberá cubrir un novo período de alomenos catro anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100 por 100 do salario establecido no artigo 8º maila antigüidade, plus de manutención, convenio e transporte. Esta prestación manterase por un período máximo de doce meses.

Absentismo.

Nos tres primeiros días de ausencia deixarase de devenga-lo 20% da retribución diaria.

-Do cuarto ó décimo día, ambos inclusive, deixarase de devenga-lo 10% da citada retribución, mediante xustificación médica á empresa.

-Cando a situación de enfermidade común dure máis de dez días ininterrompidos, devengarase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia.

-Das situacións de enfermidade aludidas exclúense as usencias orixinadas por:

-Hospitalización.

-Intervención cirúrxica.

-Descanso por maternidade.

Artigo 21º.-Auxilio de defunción.

No caso de falecemento do productor concederáselle á viúva ou fillos un auxilio de defunción que será da seguinte forma:

-Por cinco anos de servicio: 1 mes.

-Por dez anos de servicio: 2 meses.

-Por vinte anos de servicio: 3 meses.

-Por vintecinco anos de servicio: 4 meses.

Ó persoal que non leve os cinco anos ó servicio da empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado en 6 días por anos de servicio.

Artigo 22º.-Xubilación.

A xubilación do persoal afecto ó presente convenio será obrigatoria á idade que regulamentariamente estableza o Goberno para ter dereito ás prestacións do 100 por 100 por xubilación, sendo no presente de 65 anos. Para o persoal fixo na empresa o 31 de decembro de 1986, ó producirse a xubilación dun traballador que leve como mínimo 15 anos ó servicio da empresa, este percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a ela e unha mensualidade máis por cada cinco anos que excedan dos quince de referencia.

Para o persoal de novo ingreso a partir do 1 de xaneiro de 1987, o premio por xubilación será:

-Os 60 anos: 10 mensualidades.

-Os 61 anos: 8 mensualidades.

-Os 62 anos: 6 mensualidades.

-Os 63 anos: 4 mensualidades.

-Os 64 anos: 3 mensualidades.

-Os 65 anos 2 mensualidades.

Tendo en conta que a xubilación con dereito ó 100 por 100 de prestacións na actualidade está fixada en 65 anos. Se esta fose modificada á baixa, en igual proporción se modificará a táboa anexa.

Artigo 23º.-Nocturnidade.

As horas transcorridas durante o período comprendido entre as 12 das noite e as 8 da mañá, salvo

nos casos en que a categoría do empregado que realiza o traballo nocturno así o especifique, terán unha retribución complementaria do 25% do salario base.

Artigo 24º.-Prazos de previo aviso.

O prazo de previo aviso, nos casos de cesamento voluntario dos traballadores, será o seguinte:

-De 15 días, os traballadores encadrados nos niveis 1 e 2 do artigo 7º.

-De 10 días, o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias recollidas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo coa lexislación vixente sobre a materia.

Artigo 26º.-Seguro.

A empresa concertará ó seu cargo un seguro por importe de 1.700.000 ptas. para os casos de morte ou incapacidade total para o traballo, en caso de accidente laboral e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 27º.-Vixilancia, interpretación e aplicación.

Para a interpretación, aplicación e vixilancia deste convenio créase unha comisión paritaria integrada por catro persoas, designadas dúas pola empresa e dúas polo comité de traballadores.

As partes asinantes do presente convenio colectivo, axustándose ó establecido na recomendación nº 92 da OIT, e no seu artigo 6 da Carta Social Europea sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia de aplicación e interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no acordo interprofesional (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos nos que nel están formulados.

Cláusula adicional.

En cumprimento do disposto no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo efectivo será de 1.748, en xornada partida e continua.

b) Que as remuneracións anuais dos traballadores en función do dito número de horas son as seguintes:

Nivel 1: 2.509.540 ptas.

Nivel 2: 2.421.610 ptas.

Nivel 3: 2.288.850 ptas.

Nivel 4: 2.156.115 ptas.

Nivel 5: 1.981.190 ptas.

Nivel 6: 1.785.930 ptas.

Nivel 7: 1.673.815 ptas.

En proba de conformidade con canto antecede se deixa exposto, asínano os comparecentes no lugar e data ó principio indicados.

Pola empresaPolo comité de empresa

Rubricado

4766