Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-264).

Por decreto desta alcaldía nº 2700/1997 con data do 3 de xuño de 1997, acordouse aprobar inicialmente a delimitación do polígono 1) dentro da área do SUNP B-21-R, do PXMO, en Icaria, Montrove-Liáns, tramitado por el El Freixo e El Ameneiro, S.L. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Durante o dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables.

Oleiros, 18 de xuño de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta