Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-260).

Por decreto desta alcaldía nº 2701/1997 con data do 5 de xuño de 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da UE nº 28, en Portonaval-Aguieira-Dorneda (Oleiros), tramitado por Sandra Ortega Mera. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Durante o dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables.

Oleiros, 18 de xuño de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5193