Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación de propostas de resolución de contratos dos procedementos administrativos de desafiuzamento que se seguen nos expedientes de regularización de situación de ocupantes de vivendas de protección oficial de promoción pública PO-23/96 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 26 de novembro), notifícaselles ós interesados que se citan a continuación, dos que o último enderezo coñecido é o da vivenda obxecto de desafiuzamento, proposta de resolución de contrato outorgado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios que se relacionan no anexo, unha vez probado o abandono da vivenda por parte do seu titular e o incumprimento das obrigas inherentes á cualidade de beneficiarios dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.

Proposta.

A rescisión e resolución do contrato con base no anteriormente exposto entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios relacionados no anexo.

De acordo co artigo 142 do Regulamento de vivendas de protección oficial, concédeselles un prazo de 10 días, para a súa contestación por escrito, no que se formularán as alegacións e proporán as probas que consideren oportunas no seu descargo.

Pontevedra, 10 de xuño de 1997.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente desafiuzamento: 23/96.

Adxudicatario: Julián Lareu Graña.

Enderezo: A Salgueira, 85, bloque 23-2º (Vigo).

Expediente construcción: PO-803.

Nº expediente desafiuzamento: 27/96.

Adxudicatario: Manuela Torrado Sánchez.

Enderezo: r/ Maceiras, 34, 114-1º H. Vigo.

Expediente construcción: PO-832.

5201