Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación da poxa, polo procedemento aberto, das obras de clave CD/OU/97.3, SV/PO/97.2.

A) Obras.

1. Urbanización travesía Baronzás 3ª fase. (C.V. Xinzo-Vilar de Barrio). Convenio CPTOPV-Deputación de Ourense 15/11/1996.

Clave: CD/OU/97.3.

Orzamento: vintecatro millóns setecentas noventa e unha mil oitocentas sesenta e nove pesetas (24.791.869).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 495.837.

2. Mellora da seguridade vial da estrada PO-261. O Covelo.

Clave: SV/PO/97.2.

Orzamento: trinta e cinco millóns duascentas trinta e cinco mil setecentas corenta e sete pesetas (35.235.747).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 704.715.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo sinalado das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación a once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5200