Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.862

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (365/1994).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo, e baixo o número 365/1994, se seguen autos de executivo letras de cambio, por instancia do procurador Regueiro Muñoz, en representación de Macoga Construcciones, S.L., contra José López Botana, representado pola procuradora Sánchez Silva, en reclamación de cantidade, actuacións nas que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio que se lle embargou ó demandado:

-Parcela nº 692 D da zona de concentración parcelaria de San Miguel dos Agros; terreo de labradío, prado e monte baixo, labrado e sen labrar no sitio do Mariño neste concello de Santiago de Compostela, que ocupa a extensión superficial de 2.657,75 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, no tomo 913, libro 550 de Santiago de Compostela, folio 56, predio 40.027, inscrición 1ª.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, situado na rúa Viena, nº 1-3, 2ª planta, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 8 de setembro de 1997, ás 11 horas, segundo as condicións seguintes:

1. O tipo de remate será de 4.969.993 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, nº de conta 1592-17-365-94, o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto

o tipo da poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, substituídos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 9 de outubro de 1997, ás 11 horas, en iguais condicións que a primeira, salvante o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; no caso de que resulte deserta a devandita segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 6 de novembro de 1997, tamén ás 11 horas, rexendo para esta as restantes condicións que se tiñan fixado para a segunda.

Esta publicación sérvelle de notificación ó demandado para o caso de que non poida efectuarse no domicilio.

Santiago de Compostela, catro de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5268