Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle na rúa Torrecedeira 65-67 (expediente 4116/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo deste Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 6 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle no soar nº 65-67 da rúa Torrecedeira, presentada por Aldan Inversiones, S.L. con documentación elaborada polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras e visada polo COAG o 24 de xullo de 1996, someténdose a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no DOG e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 23 de xuño de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde